Requisitos dos/as participantes
|
-
Estar inscritos/as con carácter previo no Rexistro
Único de Demandantes de Vivenda Protexida da Comunidade Autóma.
-
Haber solicitado vivenda no concello da promoción
obxecto do sorteo.
-
As persoas adxudicatarias terán que reunir os
requisitos xerais e específicos que se establezan para cada convocatoria.
|
Órganos tramitadores do procedemento
|
|
Publicidade do procedemento
|
|
Procedemento ordinario de adxudicación
|
Resolución de inicio do procedemento
|
Sorteo
|
Lista provisional de adxudicatarios/as e de
espera
|
-
Virá determinada pola orde de selección que se
derive do sorteo.
-
As persoas solicitantes que se consideren
prexudicadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para reclamar ante a Comisión Provincial de
Vivenda, que deberá adoptar resolución ao efecto no prazo máximo de 3 meses.
|
Verificación dos requisitos exixidos na
convocatoria
|
-
A Comisión realizará as comprobacións que xulgue
oportunas e solicitará a documentación necesaria para tal fin.
-
Se algunha das persoas adxudicatarias non cumprise
os requisitos, logo de trámite de audiencia, excluirase da lista provisional e o seu lugar ocuparao
a primeira persoa integrante da lista de espera que cumpra os requisitos.
|
Lista definitiva de adxudicatarios/as e de
espera
|
|
Vivendas vacantes
|
-
De quedar vivendas vacantes adxudicaranse ás
persoas que figuren nos primeiros lugares da lista de espera.
-
No caso de que as vivendas ofertadas non se
cubrisen coa lista de adxudicatarios/as e de espera, poderanse realizar tantos sorteos como fose
necesario e abrir estes sorteos a solicitantes de localidades limítrofes ou da mesma área de
influencia.
|
Determinación das vivendas
|
|
Notificación da adxudicación
|
-
Identificará a vivenda adxudicada no
procedemento.
-
Advertirá as persoas adxudicatarias do prazo que
teñan, de acordo coa convocatoria, para aceptar ou renunciar a adxudicación e que, no caso de
aceptar, deberán efectuar, dentro do prazo indicado, o ingreso dos impostos e gastos que procedan
no caso de compravenda da vivenda. Incumprido o prazo por causa imputable á persoa interesada, será
advertida de que, de non dar cumprimento aos referidos trámites nun prazo de 15 días hábiles,
entenderase que renuncia ao dereito sobre a vivenda, que pasará a situación de vacante e
procederase a efectuar a adxudicación a favor da seguinte persoa que figure na lista de
espera.
-
A renuncia á vivenda suporá a baixa por un ano no
Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, de non concorrer as causas xustificadas
previstas no
artigo
20 do Decreto 1/2010.
|