O
artigo
31 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de
Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das
acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, establece:
- Que as persoas interesadas en adquirir estas vivendas deberán estar
inscritas no dito rexistro.
- Que o Instituto Galego da Vivenda e Solo ofertará as vivendas a
través da súa páxina web, co fin de que as persoas interesadas en adquirilas manifesten o seu
interese no prazo de 15 días desde a data de alta na web.
- Que entre os/as interesados/as realizarase un sorteo.