De acordo co
artigo
74 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo
(IGVS) poderá reservar vivendas para sérenlles adxudicadas ás unidades familiares ou de convivencia
que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
A suma das reservas non poderá superar o 30% das
vivendas ofertadas, agás en supostos especiais derivados de programas específicos de interese
público ou de integración social, que se rexerán polo disposto na súa regulamentación propia, así
como as excepcións derivadas da atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
Así mesmo o
artigo
25 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións
promovidas polo IGVS, establece como destino preferente das promocións en aluguer aos seguintes
colectivos:
-
Unidades familiares con
ingresos inferiores ao 0,7 do IPREM.
-
Unidades familiares monoparentais.
-
Maiores de 60 anos.
-
Menores de 35 con descendentes de primeiro grao ao seu cargo.
-
Menores de 35.
-
Vítimas de violencia de xénero.
-
Colectivos amparados por acordos de colaboración ou
convenios asinados polo IGVS ou pola Consellería competente en materia de vivenda.
No caso de non se cubrir todas as vivendas, as
vacantes sortearanse entre o resto de solicitantes con ingresos inferiores ao 1,5 do IPREM.