Inicio

Xunta de Galicia

Solicitudes a petición da persoa interesada

Venda

 O artigo 67 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, sinala que regulamentariamente se determinará o prazo no que as vivendas protexidas poderán transmitirse inter vivos, actualmente o dito prazo é de 5 anos a contar desde a data do contrato de compravenda, sempre que se fixeran efectivas a totalidade das cantidades aprazadas.
 
O artigo 31 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, establece que as persoas propietarias de VPP que queiran transmitilas debéran comunicalo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) con indicación do prezo, que non poderá exceder o prezo máximo de venda.
 
 
As vivendas serán vendidas a favor do/a adquirente designado polo IGVS entre os inscritos no rexistro.
 
 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.