Este programa de axudas ten como obxecto conceder dúas liñas de subvencións:
-
Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o
desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios
económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
-
Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a
súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de
alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de
axudas directas ás persoas inquilinas.
As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras establecidas na
Orde do 2 de agosto de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao
alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o
ano 2019, con carácter plurianual publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm.172,
do 11 de setembro de 2019, modificada pola Orde do 17 de abril de 2020 (DOG núm.77, do 22 de
abril).
Persoas beneficiarias
Persoas físicas que residan nunha vivenda en réxime de alugamento.
Requisitos das persoas beneficiarias
Os establecidos no artigo 4 da convocatoria.
Contía da axudas
Liña A: 40% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. No
obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65
anos, esta axuda será do 50% da renda mensual que se satisfaga polo alugamento.
Liña B: 50% da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 31 de marzo de 2021 e remata o
día 30 de abril de 2021.