Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Bono de Alugueiro Social » Presentación
Realoxos
Bono de Alugueiro Social

Programas de Bono de Alugueiro Social e de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias

BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

A Xunta de Galicia ten en marcha un conxunto de 12 medidas encamiñadas a garantir o dereito de todos os cidadás a unha vivenda, evitar os desafiuzamentos e paliar as súas consecuencia. Son doce medidas ás que poden acollerse as familias que afronten dificultades para acceder a unha vivenda ou para conservar a súa. Entre elas o Bono de Alugueiro Social.

As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:

  • Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
  • As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
  • Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
  • Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.
  • Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) lles finalizase a vixencia do seu contrato a partir da entrada en vigor desta orde.
  • Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
  • Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.
A axuda ten carácter anual, de xeito que cada unidade de convivencia só poderá percibir unha subvención de 12 bonos mensuais consecutivos, que será susceptible de dúas prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de tres anos. Finalizado este período, poderase solicitar unha prórroga extraordinaria, cunha duración máxima de tres anos, que deberá ser renovada anualmente.
O importe mensual da axuda pode ser de 175€, 200€ ou 225€ mensuais, dependendo do concello no que estea situada a vivenda:
  • 225 € nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

  • 200 € nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. 

  • 175 € no resto de concellos de Galicia

Ademais, poderáselle conceder á persoa beneficiaria unha axuda complementaria, ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións,ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.

LÍMITE DE INGRESOS

Os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán superar os límites máximos de ingresos que de seguido se indican:

 

Nº membros da unidade de convivencia

Límites máximos de ingresos
(1,5 veces IPREM 2017 en 14 pagas ponderado. Valores mensuais)

1

751,96 €

2

1.044,39 €

3

1.174,94 €

4

1.342,78 €

5 ou máis

1.566,58 €

 

RENDA DAS VIVENDAS

A renda mensual máxima do contrato de alugamento das persoas beneficiarias do Bono de alugueiro social non pode superar os seguintes importes:

a) 450 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

b) 400 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

c) 350 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.

PAGAMENTO

O IGVS realizará o pagamento da axuda mensual na conta bancaria da persoa arrendadora, logo de que a persoa inquilina xustifique que realizou o pago da parte da renda mensual que lle corresponde satisfacer (as persoas inquilinas comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un extracto ou comprobante bancario acreditativo do pagamento realizado).

SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 11 de xaneiro e remata o 13 de decembro de 2019, salvo que se esgote antes a partida orzamentaria.

MÁIS INFORMACIÓN

ORDE do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020. (DOG 7/01/2019)
 
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020. (DOG 10/01/2019)

Documentos relacionados

Documentos relacionados

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.