Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Bono de Alugueiro Social » Presentación
Realoxos
Bono de Alugueiro Social

Programa do bono de alugueiro social (VI482A e VI482B)

BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

Este programa de axudas ten como obxecto paliar os efectos dos desafiuzamentos por non pagamento das rendas de vivendas alugadas, así como atender con carácter urxente a outras unidades de convivencia en situación de vulnerabilidade habitacional.

As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas na Orde do 18 de decembro de 2018, publicadas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 4 do 7 de xaneiro de 2019, modificada pola Orde do 16 de decembro de 2019 (DOG núm. 248 do 31 de decembro).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as previstas no artigo 2 das bases reguladoras, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das citadas bases.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias das prórrogas extraordinarias previstas no artigo 6.2 das bases reguladoras aquelas persoas que finalizasen o período máximo ordinario de desfrute das axudas deste programa durante o ano 2019, 2020 e 2021, coa excepción das sinaladas no artigo 2.1.h) das bases reguladoras.

Requisitos das persoas beneficiarias

Os establecidos no artigo 3 das bases reguladoras.

Contía da axudas

O importe mensual desta axuda terá as seguintes contías:

  • 225 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos aos que se refire o apartado 1.a) do artigo 5 das bases reguladoras (renda mensual máxima de 450 euros).
  • 200 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos aos que se refire o apartado 1.b) do artigo 5 das bases reguladoras (renda mensual máxima de 400 euros).
  • 175 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos aos que se refire o apartado 1.c) do artigo 5 das bases reguladoras (renda mensual máxima de 350 euros).

O importe mensual da axuda non poderá ser superior á renda da vivenda.

Ademais, poderáselle conceder á persoa beneficiaria unha axuda complementaria, ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugueiro, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.
Asemade, a Resolución do 19 de febreiro de 2021 de concesión directa da axuda complementaria á do Programa de bono de alugueiro social (DOG número 36 do 23 de febreiro de 2021) establece para todas as persoas beneficiarias do bono de alugueiro social a concesión directa dunha axuda polo importe da renda mensual do contrato de alugamento cunha duración máxima de doce meses (de xaneiro a decembro de 2021), coas limitacións que se establece na antedita resolución.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 10 de decembro de 2021.

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.