Inicio

Xunta de Galicia

INFRAVIVENDA

REHABILITACIÓN DE INFRAVIVENDA DO PLAN REHAVITA (VI406A)

Subvencionaranse obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade. Estas actuacións poden afectar a elementos exteriores, ás condicións estruturais e de seguranza, á habitabilidade e accesibilidade da edificación ou vivenda.

O Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025, formulado no seo do Observatorio de Vivenda de Galicia e asinado en data 22/01/202 establece, no seu Eixo primeiro, Programa 3 e acción 2 a implementación dun programa de reparación de infravivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes, para axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia propietarias que residan nunha edificación ou vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer as obras que permitan ter as condicións mínimas de habitabilidade.

Subvenciónanse as obras de reforma ou rehabilitación de elementos exteriores, condicións estruturais e seguranza, mellora de accesibilidade e de habitabilidade . Dentro das actuacións de habitabilidade tamén serán subvencionables as obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Persoas beneficiarias

Concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia propietarias que residan nunha edificación ou vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer as obras que permitan ter as condicións mínimas de habitabilidade.

Así mesmo, os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes tamén poderán solicitar a subvención para rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal coa finalidade de destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.

As unidades de convivencia terán que acreditar uns ingresos inferiores ao IPREM, e algún dos seus membros debe ter a propiedade da vivenda obxecto da actuación e non dispor doutra en territorio nacional, agás que sexa un edificio de titularidade municipal.

Solicitude das axudas

A solicitude da axuda deberá realizala o concello, que garantirá a dispoñibilidade de fondos para cubrir o cinco por cento adicional do presuposto necesario para a actuación prevista.

Requisitos das actuacións subvencionadas

Subvenciónanse as obras de reforma ou rehabilitación de elementos exteriores, condicións estruturais e seguranza, mellora de accesibilidade e de habitabilidade . Dentro das actuacións de habitabilidade tamén serán subvencionables as obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

O custe total das actuacións subvencionables poderá incluír os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén será subvencionables os gastos xerais de estrutura que incidan sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. Así mesmo, no custo total das actuacións incluiranse gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Contía das axudas

O 95% do orzamento protexido das obras, cun máximo de 15.000€ por vivenda rehabilitada.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 9 de febreiro de 2022 e rematará o día 1 de xuño de 2022 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.