Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Compra » Axudas adquisición vivenda - Plan Cuatrienal 2018-2021 » Compra - Plan 2018-2021
Compra
Axudas adquisición vivenda - Plan Cuatrienal 2018-2021

Plan 2018-2021 - Axudas para compra de vivenda

No Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 10 de marzo de 2018, publicouse o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, o cal prevé un programa de axudas dirixido a facilitar ás persoas mozas o acceso a unha vivenda en réxime de propiedade localizada nun municipio de pequeno tamaño, mediante a concesión dunha subvención directa para a súa adquisición.

O artigo 5 da citada norma atribúelles aos órganos competentes das comunidades autónomas a tramitación e resolución dos procedementos de concesión e pagamento das axudas dos distintos programas do plan, unha vez que se teña recoñecido o dereito das persoas beneficiarias a obtelas, dentro das condicións e límites establecidos no real decreto.

A Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nunha aposta decidida por afrontar a problemática da perda de habitantes no medio rural e impulsar a adquisición de vivendas por persoas mozas en municipios de menos de cinco mil habitantes aprobou a Resolución do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.