Este proxecto parte dunha extracción simplificada da realidade que busca un achegamento ao
parque de vivendas de Galicia para analizar o potencial de mellora que suporía a súa rehabilitación
tanto a nivel de dinámica económica como de mellora na calidade de vida para os seus usuarios.
Avalíanse aquelas fincas que, segundo a información catastral de Xaneiro de 2016, conteñen uso
residencial e foron construídas ou reformadas antes do ano 2006 por considerar que as posteriores a
esta data teñen unhas condicións axeitadas.
A realización desta aproximación a nivel de toda Galicia lévanos á necesidade de asumir unha
serie de premisas previas. Os traballos realizados ata o de agora nesta liña a nivel nacional
partían de datos estatísticos sobre as superficies medias de vivenda por provincia e a estimación
do número de vivendas. O poder contar cos datos catastrais permítenos a elaboración dun modelo que
está moito máis preto da realidade. Así e todo, non hai que esquecer que é unha aproximación e que
a única forma de ter datos exactos de cada un dos edificios e facendo un estudo pormenorizado coas
condicións construtivas concretas de cada un deles, cuestión que non é do alcance deste proxecto.
Para poder avaliar os resultados obtidos deberá terse en conta as simplificacións e
condicionantes previos que xorden das limitacións do modelo