Este programa está previsto no Plan estatal de vivenda 2018-2021, regulado no
Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo e ten por obxecto conceder axudas ás persoas arrendatarias de
vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID–19, teñan problemas
transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro.
Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á
devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei
11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e
económico para facer fronte ao COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda
habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.
Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, na
data de presentación da solicitude, cumpran os seguintes requisitos:
-Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de
vivenda situada en Galicia cunha duración mínima dun ano.
-Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa solicitante e
da súa unidade de familiar.
-Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro dos tres últimos meses inmediatamente
anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda.
-Estar en situación de vulnerabilidade económica.
-Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non sexan propietario ou
usufrutuario dalgunha vivenda en España.
-Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non teñan parentesco en
primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
Situación de vulnerabilidade económica
A situación de vulnerabilidade económica exixe a concorrencia conxunta dos
seguintes requisitos:
-Que a persoa arrendataria pase a estar, a partir do 14 de marzo de 2020, en
situación legal de desemprego, expediente temporal de regulación de emprego, ou reducise a súa
xornada por motivo de coidados, ou cesado a súa actividade en caso de traballador por conta propia,
ou outras circunstancias similares vinculadas á actividade laboral ou empresarial, que lle supoñan
unha perda substancial de ingresos.
-Que os ingresos netos de todos os membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude,
non acaden o límite de 3, 4 ou 5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM),
segundo o seguinte cadro:
Ingresos máximos aplicable
(*)
|
Circunstancias
|
3 veces o IPREM (1.613,52 €)
|
Límite aplicable con carácter xeral
|
4 veces o IPREM
(2.151,36 €)
|
Límite aplicable cando un membro da unidade familiar cumpra unha destas
condicións:
-Teña declarada discapacidade superior ao 33%..
-Estea en situación de dependencia.
-Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para
realizar unha actividade laboral
|
5 veces o IPREM
(2.689,20 €)
|
Límite aplicable cando a persoa arrendataria cumpra unha destas condicións:
-Parálise cerebral.
-Enfermidade mental.
-Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.
-Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65
%.
-Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para
realizar unha actividade laboral.
|
(*) O límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o IPREM por fillo ou
persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o IPREM por fillo no caso de familias monoparentais.
-Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas do mes anterior á solicitude da
axuda, resulte superior ou igual ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da
unidade familiar.
Contía das axudas
A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poda
exceder do importe da renda do contrato, durante un período máximo de seis meses.
No suposto de ter accedido ás axudas transitorias de financiamento reguladas no artigo 9 do
Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, a axuda poderá chegar ata un importe de 3.000 euros, co
que se satisfará total ou parcialmente o pago da renda da vivenda habitual.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021.