Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Programa de axuda ao alugamento de vivendas » Consulta o teu expediente convocatorias(2018, 2019, 2020, 2021)

Consultas Alugamento

  Consulta o teu expediente (Axudas ao alugamento do PEV 2018-2021. Convocatoria 2021)

De conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no ordinal Décimo quinto, punto 7, da Resolución do 5 de marzo de 2021, pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI432A), publícase a relación de persoas ás que se lles inadmitiu a súa solicitude ou se lles denegou a axuda ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 da convocatoria de 2021.

As persoas interesadas poden consultar a causa de denegación ou inadmisión da súa solicitude na seguinte ligazón. Debe introducir o seu NIF e premer no botón "Xerar contrasinal".

O prazo para interpoñer recurso de alzada contra as resolucións inadmisión da solicitude e de denegación da axuda será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 8 de febreiro de 2022 pola que se notifican as citadas resolucións de inadmisión e denegación. 

Consulta o teu expediente

Consulta o teu expediente (Alugamento COVID-19. Convocatoria 2020)

De conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no ordinal vixésimo punto 7 da Resolución do 19 de maio de 2020, publícase a relación de persoas ás que se lles denegou ou inadmitiu a súa solicitude de subvención do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual.

As persoas interesadas poden consultar a causa de denegación ou inadmisión da súa solicitude na seguinte ligazón. Debe introducir o seu NIF e premer no botón "Xerar contrasinal".

O prazo para interpoñer recurso de alzada contra as resolucións de denegación e inadmisión será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da Resolución do 11 de marzo de 2021 pola que se notifican as citadas resolucións no Diario Oficial de Galicia.

Consulta o teu expediente

 

Convocatoria alugamento 2019


As persoas solicitantes que non figuren na listaxe de concesións publicada na páxina web do IGVS poden consultar a causa de denegación do seu expediente na seguinte ligazón. Debe introducir o seu NIF e premer no botón "Xerar contrasinal".


Consulta o teu expediente


De conformidade co artigo 11 da Orde do 2 de agosto de 2019 e para a determinación dos ingresos da unidade de convivencia, as contías que se teñen en conta son a "Base impoñible xeral" e máis a "Base impoñible do aforro".


Na declaración do IRPF 2018 estes importes atópanse nas casiñas numeradas como 435 e 460. No caso de que non se tivera realizado a declaración da renda no citado exercicio, os datos de ingresos utilizados para a tramitación desta axuda son os facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e, de ser o caso, os sinalados no Anexo I.


O prazo para presentar os recursos contra as denegacións comezará desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución pola que se lle dá publicidade ás concesións e denegacións.

Convocatoria alugamento 2018


As persoas solicitantes que non figuren na listaxe de concesións publicada na páxina web do IGVS poden consultar a causa de denegación do seu expediente na seguinte ligazón. Debe introducir o seu NIF e premer no botón "Xerar contrasinal".


Consulta o teu expediente


De conformidade co artigo 7 da Orde do 22 de xuño de 2018 e para a determinación dos ingresos da unidade de convivencia, as contías que se teñen en conta son a "Base impoñible xeral" e máis a "Base impoñible do aforro".


Na declaración do IRPF 2017 estes importes atópanse nas casiñas numeradas como 415 e 435. No caso de que non se tivera realizado a declaración da renda no citado exercicio, os datos de ingresos utilizados para a tramitación desta axuda son os facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e, de ser o caso, os sinalados no Anexo V


O prazo para presentar os recursos contra as denegacións comezará desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución pola que se lle dá publicidade ás concesións e denegacións.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.