Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Eficiencia e sustentabilidade

CALIDADE DA EDIFICACIÓN

EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE

As competencias exclusivas en materia de vivenda previstas no artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia correspóndenlle á Comunidade Autónoma e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) é o organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, ao que lle corresponde a realización das políticas de vivenda nesta comunidade, coa finalidade de alcanzar os obxectivos previstos na Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación

Dentro das funcións e os obxectivos previstos do IGVS, está a promoción pública de vivendas de protección oficial e a de garantir os dereitos dunha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica.

Entre as preocupacións do IGVS destacan a crecente pobreza enerxética dos fogares, que se intensifica mais nas vivendas de protección oficial, a dependencia enerxética e as emisións de CO2.

É ademais un problema medioambiental, social e económico, polo que o IGVS, desenvolve accións centradas no sector da vivenda con obxecto de reducir os consumos de enerxía e as emisións de CO2, para mitigar o cambio climático e para lograr os obxectivos 20/20/20 de acordo coas diversas directivas europeas.

Neste marco, o IGVS participa no proxecto ADAPTACLIMA II, financiado con fondos europeos e aprobado na 3ª convocatoria de proxectos do Programa de Cooperación Territorial INTERREG IV B SUDOE, que ten como obxectivo principal a capitalización dos estudios realizados sobre as evidencias e as consecuencias do cambio climático nas vivendas. 

  • Proxecto ADAPTACLIMA

Unha das principais accións deste proxecto é a realización de estudos tendo en conta a tipoloxía das edificacións, a xeografía física e social e as variables climáticas de Galicia para recoller unha serie de estratexias e recomendacións co fin de acadar un confort térmico sustentable e unha redución do consumo enerxético nas vivendas, minimizando o cambio climático e a pobreza enerxética.

As conclusións deste estudo, recóllense nuns documentos que están estruturados para que podan ser utilizados polos técnicos e proxectistas de vivendas, de nova construción e de rehabilitación, á maneira de guía e manual.

  • “Guía de arquitectura pasiva para vivendas en Galicia”
  • “Manual de recomendacións para rehabilitación de vivendas en Galicia”

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.