Inicio

Xunta de Galicia

Realoxos

Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias

 
Exclusivamente no caso de que non se dispoña de vivendas de promoción pública axeitadas poderase recorrer ás vivendas en alugueiro do programa Aluga
 
As vivendas que se incorporan ao programa Aluga son vivendas libres de propiedade privada que os propietarios poñen a disposición do IGVS para destinalas ao alugueiro de colectivos con necesidade de vivenda.

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.