Inicio

Xunta de Galicia

Modos de acceso

As diferentes modalidades de acceso recóllense no artigo 50 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia:
 
  • Compravenda.
  • Dereito de superficie.
  • Acceso diferido á propiedade.
  • Arrendamento.
  • Arrendamento con opción de compra.
  • Calquera outro título admitido no ordenamento xurídico vixente.
 
Outra opción que a Lei 8/2012 establece para a adxudicación das VPP é a copropiedade, establecida no artigo 51 da dita lei.
 
O réxime de copropiedade ten por obxecto mellorar e facilitar as posibilidades de acceso á vivenda dos sectores con maiores dificultades. Regulamentariamente establecerase o contido e as condicións destes contratos cuxas principais notas definitorias son as seguintes:
 
  • A participación na propiedade por parte da Administración pública non superará o 40%.
  • Os gastos de conservación, mantemento e rehabilitación, os tributos, os seguros e as cotas de comunidade serán asumidos polas persoas adxudicatarias, así como calquera outro que legalmente corresponda á propiedade.
  • As persoas beneficiarias destes contratos poderán adquirir, en calquera momento, a parte de propiedade correspondente ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.