Inicio

Xunta de Galicia

Modalidades de acceso, beneficiarios/as, procedemento de adxudicación e prezo

Especificacións sobre o pagamento

Vivendas adxudicadas en réxime de compravenda
 
As VPP pagaranse aprazando a totalidade do prezo (non hai que pagar entrada), que producirá un xuro máximo anual do 5% , por medio dun préstamo a 25 anos en cotas mensuais integradas por capital e xuros.
 
Antes da sinatura das escrituras e da entrega das chaves, as persoas adxudicatarias deberán depositar no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a cantidade que o organismo lles comunique. A dita cantidade equivale ao importe estimado do IVE, os honorarios do notario e o rexistro da propiedade. Posteriormente á sinatura das escrituras, inscrición no rexistro e liquidación do IVE, o IGVS lles remitirá a documentación acreditativa e a liquidación. En caso de que a cantidade depositada superase o importe destas operacións, o IGVS devolveralle a diferencia.
 
Os/as adxudicarios/as recibirán unha axuda directa do 30 ou do 40% do prezo da vivenda en función dos ingresos da unidade familiar ou convivencial (ver prezo de venda/renda).
 
Vivendas adxudicadas en réxime de aluguer
 
Os/as adxudicatarios/as recibirán unha axuda directa do 30, 40 ou 50% do prezo da vivenda, en función dos ingresos familiares (ver prezo de venda/renda).
 
É preciso, segundo á normativa de arrendamentos urbanos, constituír á disposición do IGVS en concepto de fianza unha mensualidade de renda con carácter previo á formalización do contrato.
 
Os gastos de comunidade na proporción que corresponda serán de conta da persoa arrendataria da vivenda e, de ser o caso, os gastos do imposto sobre bens inmobles.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.