Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Compra » Vivendas de Promoción Pública Nova » Modalidades de acceso, beneficiarios/as, procedemento de adxudicación e prezo » Procedementos de adxudicación » Programa de realoxo de colectivos afectados por execucións hipotecarias

Programa de realoxo de colectivos afectados por execuccións hipotecarias

O artigo 60 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que o réxime de protección das VPP terá unha duración de 30 anos desde a data da cualificación definitiva.
 
Non obstante, unha vez transcorrido o prazo sinalado, as VPP manterán o seu réxime de protección mentres:
  • Sexan de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
  • Os seus titulares teñan cantidades pendentes de pagamento ao IGVS.
  • Se manteñan vixentes os contratos de copropiedade sinalados no artigo 51 da Lei 8/2012.

 

O artigo 61 da Lei 8/2012 establece que o réxime de protección extinguirase unha vez transcorran os ditos 30 anos. Será necesaria ademais unha declaración administrativa emitida polo IGVS declarando tal circunstancia.

Documentos relacionados

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Ligazóns relacionadas

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.