Inicio

Xunta de Galicia

Procedementos de adxudicación

Reservas no procedemento de adxudicación

De acordo co artigo 74 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) poderá reservar vivendas para sérenlles adxudicadas ás unidades familiares ou de convivencia que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

  • Mobilidade reducida dalgunha das persoas integrantes da unidade familiar ou convivencial cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • Familias numerosas ou unidades convivenciais de tres ou más fillos.
  • Familias ou unidades convivenciais monoparentais.
  • Familias ou unidades convivenciais cuxa persoa titular teña menos de 35 anos ou máis de 65.
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Calquera outra circunstancia considerada de atención preferente polo IGVS.

 

A suma das reservas non poderá superar o 30% das vivendas ofertadas, agás en supostos especiais derivados de programas específicos de interese público ou de integración social, que se rexerán polo disposto na súa regulamentación propia, así como as excepcións derivadas da atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.


Así mesmo o artigo 25 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo IGVS, establece como destino preferente das promocións en aluguer aos seguintes colectivos:

  • Unidades familiares con ingresos inferiores ao 0,7 do IPREM.
  • Unidades familiares monoparentais.
  • Maiores de 60 anos.
  • Menores de 35 con descendentes de primeiro grao ao seu cargo.
  • Menores de 35.
  • Vítimas de violencia de xénero.
  • Colectivos amparados por acordos de colaboración ou convenios asinados polo IGVS ou pola Consellería competente en materia de vivenda.

 

No caso de non se cubrir todas as vivendas, as vacantes sortearanse entre o resto de solicitantes con ingresos inferiores ao 1,5 do IPREM.

 

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.