Inicio

Xunta de Galicia

Prezo de venda/renda

Estudo económico

Determina o valor das VPP e será elaborado con base no 100% do módulo aplicable a cada metro cadrado de superficie útil das vivendas, segundo a área xeográfica en que estean situadas vixente no momento da cualificación definitiva da promoción.
 
* Nas vivendas unifamiliares a dita base será do 120%.
 
De existir rochos e garaxes vinculados á vivenda, o prezo destes será respectivamente o 2% e o 8% do valor da VPP.
 
Áreas xeográficas
 
Área territorial de prezo máximo superior
Coruña (A), Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo
Zona territorial 1ª
A Coruña
Lugo
Ames, Ares, Arteixo, Boiro, Cambre, Carballo, Cedeira, Cee, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), Ribeira, Sada e Teo
Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro
Ourense
Pontevedra
Allariz, Barco de Valdeorras (O), Carballiño (O), Celanova, Ribadavia, Rúa (A), Verín e Xinzo de Limia
Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Estrada (A), Gondamar, Grove (O), Illa de Arousa (A), Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Porriño (O), Rendondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa
Zona territorial 2ª
Os concellos non incluídos na área territorial de prezo máximo superior ou na zona territorial 1ª
 
Prezos do módulo para o ano 2013
 
Área Xeográfica
VPP
Casco histórico
Núcleo rural
Zona territorial 1ª
947,50 euros
1.182,48 euros
947,50 euros
Zona territorial 2ª
852,75 euros
1.061,20 euros
852,75 euros
 

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.