|
Cambio de réxime
Cambio de réxime de compravenda a aluguer
Resolución
|
Competencia:
|
Xefe/a territorial.
|
Prazo:
|
6 meses.
|
Efectos do silencio:
|
Desestimatorios.
|
Causas de denegación
|
Ademais do imcumprimento dos requisitos
establecidos para a súa solicitude, o incumprimento reiterado e acreditado das normas de
comunidade, especialmente o desenvolvemento de actividades que resulten danosas para o predio, ou
resulten molestas, insalubres, noxentas, perigosas ou ilícitas.
|
Pagamento
|
Prazo:
|
1 mes desde a notificación da resolución.
|
Consecuencias de non realizar o pagamento en
prazo:
|
Transcorrido o prazo sen que se fixese efectivo o
pagamento ou se garantise a súa realización no momento da sinatura da escritura pública quedará sen
efecto a resolución.
|
Formalización
|
Os gastos que se originen como consecuencia da
formalización dos contratos e, se é o seu caso, da súa posterior inscrición no Rexistro da
Propiedade será sufragados polo/a adxudicatario/a.
|
Requisitos
|
|
Prezo de venda
|
A renda inicial anual será o 3% do prezo de venda
da vivenda e anexos que fose establecido para o contrato que se rescinde.
|
Solicitude e documentación
|
A solicitude presentarase en
modelo normalizado e xunto coa documentación que no dito modelo é
requerida.
|
|
|
|
AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA
Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición
para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o
que queres comprar a través do libro do edificio.
REXISTRO DE DEMANDANTES
O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o
Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que
se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar
irregularidades na compravenda de vivenda protexida. É
CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se
axuste á túa solicitude;
EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e
TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.
|