Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Vivendas de promoción pública nova » Solicitudes a petición da persoa interesada » Cambio de réxime » Cambio de réxime de aluguer a compravenda

Cambio de réxime

Cambio de réxime de aluguer a compravenda

(Artigos 50 a 54 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo)
 
Resolución
Competencia:
Xefe/a territorial.
Prazo:
6 meses.
Efectos do silencio:
Desestimatorios.
Causas de denegación
Ademais do imcumprimento dos requisitos establecidos para a súa solicitude, o incumprimento reiterado e acreditado das normas de comunidade, especialmente o desenvolvemento de actividades que resulten danosas para o predio, ou resulten molestas, insalubres, noxentas, perigosas ou ilícitas.
Pagamento
Prazo:
1 mes desde a notificación da resolución.
Consecuencias de non realizar o pagamento en prazo:
Transcorrido o prazo sen que se fixese efectivo o pagamento ou se garantise a súa realización no momento da sinatura da escritura pública quedará sen efecto a resolución.
Formalización
Os gastos que se originen como consecuencia da formalización dos contratos e, se é o seu caso, da súa posterior inscrición no Rexistro da Propiedade será sufragados polo/a adxudicatario/a.
Requisitos
  • Transcurso mínimo dun prazo de 10 anos desde a data do contrato de aluguer.
  • Atoparse ao corrente no pagamento das rendas así como do resto das obrigas dimanantes do contrato.
  • Acreditar ter ingresos superiores a 1,5 veces o IPREM ou a concesión dun préstamo para facer fronte a débeda e á compra.
  • Atoparse ao día nos pagamentos coa comunidade de propietarios e dos tributos que graven a vivenda.
Prezo de venda
Será o que resulte de valorar a vivenda segundo o módulo actual, coas deduccións establecidas nos artigos 20.2 e 21 do Decreto 253/2007. O pagamento do prezo efectuarase ao contado.
Renuncia á solicitude
No caso de renunciar a unha solitude non se autorizará outra no prazo de 5 anos.
Solicitude e documentación
A solicitude presentarase en modelo normalizado e xunto coa documentación que no dito modelo é requerida.

 

 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.