DEFINICIÓN:
As vivendas de protección autonómica de prezo xeral son aquelas destinadas a familias ou
persoas individuais con
ingresos anuais ponderados que non excedan de 5,5 veces o IPREM e nas que o
valor da edificación sumado ao do solo non exceda por m2 de superficie útil do Prezo Básico
Nacional vixente por 1,60 para os concellos da zona 1 e por 1,45 para os da zona 2 e por 1,84 nos
municipios de ámbito territorial de
prezo máximo superior C. (ver táboas de
ingresos e de
prezos máximos de venda).
BENEFICIARIOS:
- Promotores individuais para uso propio: persoas físicas que, sendo titulares do solo, pretendan
construír sobre o mesmo unha vivenda protexida unifamiliar para o seu uso.
- Destinadas a unidades familiares, persoas non integradas en ningunha unidade familiar, e
parellas de feito recoñecidas legalmente.
- O promotor destas vivendas deberá solicitar e obter a declaración como vivenda de protección
autonómica de réxime especial ou de prezo xeral, segundo corresponda, emitida pola delegación
provincial desta consellería.
- A vivenda destinarase a aloxamento habitual e permanente do seu propietario.
VALOR MÁXIMO DA VIVENDA MÁIS O SOLO
Ver táboa de prezos na que se indica para cada zona xeográfica o
prezo máximo por metro cadrado de superficie útil da vivenda e de garaxe e
rocho.
REQUISITOS
Para promover a construción
- Que os
ingresos familiares ponderados para vivendas de réxime especial non excedan de
2,5 veces o IPREM e para vivendas de prezo xeral non excedan de 5,5 veces IPREM, pero tampouco
sexan, en ambos casos, inferiores ao 0,7 veces o IPREM.
- Que a vivenda que se constrúa non supere os 90 m2 (108 m2 se estivesen adaptadas a persoas con
discapacidade, con mobilidade reducida permanente) ou 120 m2 para familias numerosas ou con persoas
con discapacidade ou dependentes ó seu cargo, con ou sen garaxe ou rocho, a superficie útil dos
rochos será como máximo o 15% da superficie útil das vivendas ás que estean adscritos.
Ademais poderán financiarse 25 m2 de superficie útil dun anexo, con independencia de que a
súa superficie sexa superior, destinado a actividades económicas, vencellado á vivenda. A estos
efectos entenderase por zona rural:
- Entidades de poboación inferiores a 500 habitantes.
- Núcleos entre 500 e 1.500 habitantes de municipios con planeamento municipal vixente, sempre
que os núcleos sexan rurais ou, no caso de núcleos urbanos, sempre que a ordenanza de aplicación
considere como compatible o uso da vivenda unifamiliar.
- Núcleos entre 500 e 1.500 habitantes de municipios sen planeamento, sempre que teñan un claro
carácter rural e non sexan características de aglomeracións ou concentracións urbanas.
- Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de goce sobre outra vivenda
suxeita a réxime de protección pública.
- Non ser titular dunha vivenda libre cuxo valor (a efectos do Imposto sobre Transmisións
Patrimoniais) exceda do 40 % do
prezo máximo de venda da Vivenda de Protección que se pretende construír. Este
límite pasará a ser do 60 % no caso de:
- Familia Numerosa para promover unha vivenda maior por incremento do número dos seus
membros.
- Persoas maiores de 65 anos, persoas con discapacidade ou vítimas da violencia de xénero ou do
terrorismo.
- Xente moza de ata 35 anos, antiga compradora en primeiro acceso á vivenda en propiedade, cuxas
vivendas non excederan de 70 m2 útiles que precisen promover unha vivenda de maior superficie polo
incremento do número de membros da unidade familiar
Para obter o préstamo convido
Nos tres primeiros supostos será necesaria a previa cancelación do préstamo convido
anteriormente obtido, así como a devolución das axudas económicas directas ou, opcionalmente,
percibir a diferenza se procedese
Para as axudas financeiras para o primeiro acceso á vivenda en propiedade
-
Ingresos familiares ponderados que, en calquera caso, non excedan de 3,5 veces o
IPREM.
- Que non teñan nin tiveran vivenda en propiedade ou que téndoa, ou téndoa tido, os seus
titulares non dispoñan do dereito de uso ou disfrute da mesma ou o valor da vivenda (a efectos do
Imposto sobre Transmisións Patrimoniais) non exceda do 25 % do
prezo máximo total de venda da vivenda obxecto da actuación protexida.
CARACTERÍSTICAS DO PRÉSTAMO CONVIDO
- Prazo de amortización: 25 anos, máis 3 anos de carencia desde a formalización do préstamo,
ampliables a 4 a xuízo da comunidade autónoma e de acordo coa entidade prestamista.
- Tipo de xuro: variable, fixado e revisado anualmente polo Consello de Ministros.
- Non terán comisión ningunha.
- O préstamo estará garantido con hipoteca.
- Accédese a el directamente.
- A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do valor da edificación sumado ao do solo que
constará na escritura de declaración de obra nova. No caso de que unha familia numerosa promova
unha nova vivenda con maior superficie últil, dita contía non poderá exceder da diferenza entre o
valor da vivenda xa posuída e o prezo da de nova promoción.
Se a vivenda tivera praza de garaxe ou rocho vinculados á vivenda, a contía global do
préstamo poderá incrementarse como máximo ata o 80% do custe real deles.
O préstamo poderá ser amortizado, total ou parcialmente, segundo as condicións establecidas
no convenio asinado entre o Ministerio de Vivenda e as
entidades de crédito.
No caso de ter percibido a axuda estatal directa á entrada, calquera amortización efectuada
nos 5 primeiros anos conlevará o reintegro da mesma cos intereses de demora.
- A obtención da axuda estatal directa á entrada requirirá que a contía do préstamo non sexa
inferior ao 60 % do prezo total da vivenda.
CARACTERÍSTICAS DA SUBSIDIACION DO PRÉSTAMO
Só se concederá para o primeiro acceso á vivenda en propiedade.
Consiste nun desconto da cota mensual do préstamo (xuros e capital), unha vez iniciada a
amortización, nas contías seguintes:
Ingresos
|
Contía
|
Familia Numerosa
|
Duración
|
Ingresos que non excedan de 2,5 veces o IPREM
|
82 € anuais x cada 10.000 € de préstamo
|
+50 € anuais x cada 10.000 € de préstamo os 5 primeiros anos.
|
10 anos
|
Ingresos entre 2,5 e 3,5 veces o IPREM
|
48 € anuais x cada 10.000 € de préstamo
|
+30 € anuais x cada 10.0000 € de préstamo durante os 5 primeiros
anos.
|
5 anos
|
A subsidiación de 10 anos concédese por un período inicial de 5 anos e a súa ampliación aos 5
últimos se solicitará polo beneficiario dentro do quinto ano do primeiro período, estando
supeditada a que se sigan reunindo os requisitos iniciais. Os
ingresos non poderán superar 2,5 veces o IPREM, ou a media das dúas últimas
declaracións de renda non poderán variar máis do 20% dos
ingresos iniciais.
AXUDA ESTATAL DIRECTA Á ENTRADA
Só se concederá para o
primeiro acceso á vivenda en propiedade.
Consiste no abono, en pago único, dunha cantidade fixa destinada a facilitar o pago da suma
dos valores da edificación e do solo.
A axuda percibirase non momento en que se inicie a amortización do préstamo convido.
As contías correspondentes a cada circunstancia persoal ou familiar non serán acumulables
entre si, correspondendo unicamente a máis elevada. Non obstante, na xente moza na que concorran
outras circunstancias a contía incrementarase en 1.000€.
Ingresos
|
Contía
|
Contía para xente moza
(1)
|
Contía Familias Numerosas 3 fillos
|
Contía
Familias Numerosas 4 fillos
|
Contía
Familias Numerosas 5 ou máis fillos
|
Outras circunstancias
(2)
|
Ámbito territorial declarado de prezo máximo C
|
|
Ingresos non excedan de 2,5 veces o IPREM
|
7.000 €
|
10.000 €
|
10.000 €
|
10.600 €
|
11.200 €
|
7.900 €
|
+ 300 €
(acumulable)
|
|
Ingresos entre 2,5 e 3,5 veces o IPREM
|
4.000 €
|
7.000 €
|
7.000 €
|
7.600 €
|
8.200 €
|
4.900 €
|
(1) Xente moza ata 35 anos e que acheguen a totalidade ou a maior parte dos
ingresos familiares.
(2) Outras circunstancias:
- Unidade familiar formada unicamente polo pai ou a nai e os fillos.
- Unidade familiar na que haxa persoas con discapacidade segundo IRPF.
- Unidade familiar que teña ao seu cargo algunha persoa de máis de 65 anos ou cando o solicitante
teña esa mesma idade.
- Unidade familiar na que entre os seus integrantes haxa vítimas da violencia de xénero ou do
terrorismo, outros colectivos en situación ou risco de exclusión social ou que pertenzan a outros
grupos de protección preferente segundo a normativa propia da Comunidade Autónoma.
AXUDAS PROPIAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
A Consellería de Vivenda e Solo concederá aos promotores individuais para uso propio de
vivendas de réxime especial e prezo xeral acollidos ao sistema de financiamento para primeiro
acceso á vivenda en propiedade, que formalizaran o préstamo convido as seguintes subvencións:
AXUDAS PARA O PRIMEIRO ACCESO PARA INGRESOS ≤ 3,5
IPREM
|
Con ingresos ≤1,5 IPREM en situación de emerxencia social:
-Chabolismo 2 anos anteriores a
solicitude
-Emigrantes
retornados nos 2 últimos anos
|
Con ingresos ≤2,5 IPREM
|
Axuda a xente moza de ≤ 35 anos para gastos constitución/
subrogación de hipoteca e outros gastos de entrada
|
Familias
1-2 fillos
|
Familias
3-4 fillos
|
Familias
5 ou máis
|
Outras circunstancias:*
- monoparental
- discapacidade
- ≥ 65 anos
-vítimas
|
25% do valor da vivenda e o solo, co límite de:17.000
€
|
2.500 €
|
600 €
|
1.000 €
|
2.000 €
|
4.000 €
|
2.000 €
(por cada circunstancia)
|
(*)
Monoparental: Unidade familiar formada unicamente polo pai ou a nai e os fillos.
Discapacidade: Unidade familiar na que haxa persoas con discapacidade nas condicións
establecidas na lexislación sobre o imposto sobre a renda das persoas físicas.
≥ 65 anos: Unidade familiar que teña ao seu cargo a algunha persoa de máis de sesenta e
cinco anos ou cando o solicitante teña esa mesma idade.
Vítimas: Unidade familiar na que haxa vítimas de violencia de xénero ou do terrorismo.
Todas estas axudas correspondentes a cada circunstancia persoal ou familiar son acumulables
entre si, excepto a axuda para situacións de emerxencia social que non e acumulable coa de
ingresos ≤ 2,5 o IPREM
A concesión das axudas efectuarase cando se entregue a escritura pública inscrita no rexistro
da propiedade que acredite a declaración definitiva da vivenda e a obtención do préstamo convido;
circunstancia que deberá acreditarse no prazo de 4 meses contados desde a data da declaración
definitiva.
A SUMA DE TODAS AS AXUDAS
A suma das axudas estatais directa á entrada máis a da Comunidade Autónoma máis a contía do
préstamo non poden superar o valor da edificación sumando ao do solo.
DESTINO E OCUPACIÓN DAS VIVENDAS. PROHIBICIÓNS E LIMITACIÓNS Á FACULTADE DE DISPOÑER.
DEREITOS DE TENTEO E RETRACTO
A vivenda destinarase a residencia habitual e permanente do propietario e deberá ser ocupada
no prazo de tres meses desde a súa finalización, salvo autorización da delegación provincial.
O réxime legal das vivendas de protección autonómica acollidas a medidas de financiamento
deste Plan terá un duración de 30 anos sen posibilidade de descualificación voluntaria.
Estas vivendas non poderán ser transmitidas inter vivos nin ceder o seu uso durante o prazo
mínimo de 10 anos desde a formalización da declaración de obra nova.
Poderá deixarse sen efecto esta prohibición de transmitir nos seguintes supostos e sempre con
autorización da delegación provincial, sen prexuízo dos dereitos de tenteo e retracto da
administración:
- execución xudicial do préstamo
- cambio de localidade da residencia do titular
- familias numerosas que precisen adquirir unha vivenda de maior superficie por incremento dos
seus membros
- persoas maiores de 65 anos que desexen trasladar o seu domicilio
- persoas con discapacidade e vítimas da violencia de xénero ou do terrorismo
- persoas que precisen trasladar o seu domicilio a outra vivenda de menores dimensións.
Nos dous primeiros supostos se se obtiveron axudas financeiras, requirirase a previa cancelación
previa do préstamo e o reintegro das axudas económicas estatais e autonómicas recibidas, máis os
xuros legais producidos desde o momento da percepción.
Nos últimos catro supostos, se se obtiveron axudas financeiras, soamente se requirirá a
cancelación previa do préstamo.
As posteriores transmisións destas vivendas estarán suxeitas a autorización e determinación
do
prezo máximo de venda por parte da delegación provincial da Consellería de
Vivenda e Solo