Inicio

Xunta de Galicia

Alugar

O IGVS promove o alugueiro de vivenda coma alternativa residencial dirixida a colectivos con menores rendas e circunstancias particulares, pretendendo asi mesmo mobilizar o parque residencial de vivendas baleiras co ánimo de acadar un uso máis racional e eficiente dos recursos naturais, enerxéticos e económicos.

  1. Axudas directas ao aluguer. Axudas ao inquilino para aluguer de vivenda
     
  2. Axudas directas ao aluguer: bolsa de aluguer. Axudas ao propietario de vivenda libre para alugar.

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.

PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGUER

A Consellería de Vivenda e Solo pon en marcha unha nova liña de axuda, o BONO-VIVENDA, co obxectivo de conceder unha axuda para financiar os gastos derivados do alugueiro da vivenda por parte de estudantes da Formación Profesional inicial.