Trátase de axudas encamiñadas a promover o alugueiro de vivenda subvencionando a renda anual a
satisfacer polo arrendador de acordo aos
ingresos
acreditados e ás súas circunstancias persoais.
Características da vivenda
A superficie útil máxima computable a subvencionar será de 90 m2, ainda cando as superficies
reais da vivenda sexan maiores. Están suxeitas a un
prezo
máximo.
Requisitos
As persoas con maior preferencia á hora de recibir subvencións ao aluguer serán aquelas nas que
concorran algunha das seguintes circunstancias unha vez formalizado un contrato legal de
arrendamento:
- Ter unha idade non superior de 35 anos
- Ser vítima de violencia de xénero ou terrorismo
- Familias numerosas e as constituidas polo nai ou pai e fillos
- Persoas con discapacidade recoñecida oficialmente
- Pertencer a un colectivo en situación ou risco de exclusión social ou outros grupos de
protección preferente.
Os beneficiarios das axudas deberán ter uns
ingresos
familiares que non excedan de 2,5 veces o IPREM. A renda anual a satisfacer deberá oscilar entre o
2% e o 9% do
prezo
máximo establecido para a vivenda.
Axudas
Subvención directa. A cantidade anual da subvención non poderá exceder o 40% da renda anual a
satisfacer e nunca será superior a unha cantidade fixa, non podendo así mesmo prolongarse máis de
dous anos.
ute;is de dous anos.