Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Vivenda protexida » Plans e programas sobre vivenda protexida » Plan de Vivenda 2009-2012 » Alugar » Axudas ao inquilino para aluguer de vivenda

Axudas directas ao aluguer: axudas ao inquilino para aluguer de vivenda

Trátase de axudas encamiñadas a promover o alugueiro de vivenda subvencionando a renda anual a satisfacer polo arrendador de acordo aos ingresos acreditados e ás súas circunstancias persoais.

Características da vivenda

A superficie útil máxima computable a subvencionar será de 90 m2, ainda cando as superficies reais da vivenda sexan maiores. Están suxeitas a un prezo máximo.

Requisitos

As persoas con maior preferencia á hora de recibir subvencións ao aluguer serán aquelas nas que concorran algunha das seguintes circunstancias unha vez formalizado un contrato legal de arrendamento:

  • Ter unha idade non superior de 35 anos
  • Ser vítima de violencia de xénero ou terrorismo
  • Familias numerosas e as constituidas polo nai ou pai e fillos
  • Persoas con discapacidade recoñecida oficialmente
  • Pertencer a un colectivo en situación ou risco de exclusión social ou outros grupos de protección preferente.


Os beneficiarios das axudas deberán ter uns ingresos familiares que non excedan de 2,5 veces o IPREM. A renda anual a satisfacer deberá oscilar entre o 2% e o 9% do prezo máximo establecido para a vivenda.

Axudas

Subvención directa. A cantidade anual da subvención non poderá exceder o 40% da renda anual a satisfacer e nunca será superior a unha cantidade fixa, non podendo así mesmo prolongarse máis de dous anos.

ute;is de dous anos.

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.

O LIBRO DO EDIFICIO

Á hora de mercar unha vivenda pódenos ser útil o Libro do Edificio, documento que recolle todas as condicións reais de mantemento dunha vivenda (estado da fachada, do tellado...) ou dos problemas que puido sofrir (humidades, obras, fendas...)