Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Vivenda protexida » Plans e programas sobre vivenda protexida » Plan de Vivenda 2009-2012 » Alugar » Axudas ao propietario de vivenda libre para alugar

Axudas directas ao aluguer: bolsa de aluguer. Axudas ao propietario de vivenda libre para alugar.

Trátase de axudas encamiñadas a promover o alugueiro de vivenda subvencionando aos propietarios de vivenda libre, que non atopándose ocupadas, as incorporen ao mercado de aluguer.

Características da vivenda

Vivendas cunha superficie útil máxima de 120 m2. Están suxeitas a un prezo máximo.

Requisitos

Os propietarios deben ofrecer as súas vivendas en arrendamento por un período mínimo de 5 anos. A renda anual inicial a percibir polo propietario da vivenda será do 5,5% do prezo máximo establecido  para a vivenda calculado en referencia ao prezo máximo asignado ás vivendas protexidas de nova construción para arrendamento.

Axudas

Subvención directa. A subvención será unha cantidade fixa destinada en parte a cubrir os gastos que se orixinen para asegurar contra impagos ou desperfectos.

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.

BIBLIOTECA DE LEXISLACIÓN

A biblioteca virtual de lexislación e normativas do Instituto Galego de Vivenda e Solo contén a maioría da normativa relacionada coa vivenda e o solo empresarial. Poderás consultala filtrándoa polo tema que che interese, segundo o tipo de normativa que busques, polo estado no que se atopa ou polo tipo de disposición de que se trate.