Inicio

Xunta de Galicia

REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

Requisitos para acceder a unha vivenda da sección 1ª e 2ª

Os demandantes de vivenda protexida deben sinalar na súa solicitude se demandan unha vivenda de protección autonómica e/ou unha vivenda de promoción pública, así como unha serie de datos referentes á unidade familiar ou convivencial, en concreto os seguintes:

  • Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que o solicitante, ou calquera membro da unidade familiar ou de convivencia non sexa propietaria doutra vivenda, excepto nos casos de que resulte inadecuada ou insuficiente nos termos establecidos pola normativa reguladoras das vivendas de promoción pública.
  • Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
  • Ingresos dos/das adxudicatarios/as:
    • Acreditar que os ingresos ponderados anuais correspondentes  á unidade familiar se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM ver cantidades en ficha aparte.
    • Ingresos inferiores a 0,7 do IPREM: no suposto de promocións de vivendas para ser adxudicadas en aluguer.
    • Se non se superara o 1,5 veces o IPREM, será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento.
    • Vivendas situadas en núcleos rurais ou barrio histórico: ingresos  ponderados anuais entre 1 e 5,5 veces o IPREM.

 

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:

Para o cálculo dos ingresos súmanse as recadros 455 e 465 da última declaración do IRPF co prazo de presentación vencido.

Cadro de equivalencias IPREM / euros: ver ficha aparte.

Teñen que computarse  os ingresos de tódolos membros da unidade familiar.

De nos presentarse declaración do IRPF pedirase certificado de imputación no que conste o importe íntegro menos gastos deducibles.

Nos supostos de prestacións públicas de carácter periódico será necesaria a súa acreditación a través de certificado expedido polo organismo correspondente.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto