- Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de
Galicia.
- Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda
suxeita a protección pública en España.
- Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas
non imputables ao interesado ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma determinado
segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 40% do prezo da vivenda que se
pretende adquirir. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
-
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias
que as teñan ao cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao
corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Vítimas do terrorismo e mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da
comunidade autónoma de Galicia.
- Ingresos mínimos (0,7 IPREM). Ver cantidade equivalente en ficha aparte.
Ingresos máximos: Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que
se solicite (réxime especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral 4,5 veces IPREM, e réxime concertado 6,5
veces IPREM).
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:
Para o cálculo dos ingresos súmanse as recadros 455 e 465 da última declaración do IRPF co prazo
de presentación vencido.
Cadro de equivalencias IPREM / euros:
ver
ficha aparte.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS
computará como se houbese un membro máis.