Inicio

Xunta de Galicia

Rehabilitar

A Consellería considera prioritarias as actuacións de rehabilitación dentro da oferta de vivenda protexida, tendo en conta que o solo é un ben escaso e que actuar sobre o xa construído é a mellor maneira de xestionalo. Ademais, deste xeito, pódese contribuír de maneira activa á preservación e posta en valor do patrimonio arquitectónico e a mellora da eficiencia enerxética global.

Os diferentes programas postos en marcha pola Consellería pretenden dar resposta á complexa realidade na que se desenvolven as actuacións de rehabilitación nos inmobles no noso territorio.

  1. Rehabilitación illada dun edificio de vivendas
     
  2. Rehabilitación illada dunha vivenda

  3. Rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos
     
  4. Rehabilitación de vivendas e edificios en áreas de rehabilitación

AXUDÁMOSCHE A REHABILITAR

A Consellería quere axudar á posta en marcha de actuacións de rehabilitación que permitan a conservación do patrimonio construído. Por isto non só ofrece axudas directas a promotores de rehabilitación senón que pon en marcha ferramentas coma o catálogo de prezos ou o directorio de axentes colaboradores.

PROGRAMA PAGUS

O Programa de Apoio á Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) é un Programa INTERREG III-C da Comisión Europea que ten por obxectivo desenvolver estratexias e instrumentos comúns para a rehabilitación sustentable e desenvolvemento dos centros históricos das cidades e vilas europeas a través de diferentes tipos de accións integradas. En Galiza desenvolveronse accións ao seu abeiro en Allariz, Celanova, Ferrol, Lugo, Mondoñedo, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela ou Vigo.