Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Vivenda protexida » Plans e programas sobre vivenda protexida » Plan de Vivenda 2009-2012 » Rehabilitar » Rehabilitación de vivendas e edificios en áreas de rehabilitación

Rehabilitación de vivendas e edificios en áreas de rehabilitación

Son zonas así declaradas pola Comunidade Autónoma. A súa finalidade é a de coordinar actuacións de urbanización e reurbanización e fomentar as actuacións privadas de rehabilitación. A contía das axudas varía en función do tipo de Área de Rehabilitación: Integral ou de Centro Histórico.

Se o inmoble se atopa dentro dunha zona declarada Área de Rehabilitación haberá que dirixirse ao punto de información de dita Área, xeralmente unha Oficina Municipal de Rehabilitación que xestiona a axuda de carácter técnico e económico. Estas axudas son compatibles coas de Cascos Históricos.

AXUDÁMOSCHE A REHABILITAR

A Consellería quere axudar á posta en marcha de actuacións de rehabilitación que permitan a conservación do patrimonio construído. Por isto non só ofrece axudas directas a promotores de rehabilitación senón que pon en marcha ferramentas coma o catálogo de prezos ou o directorio de axentes colaboradores.

Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

A rehabilitación dos contornos urbanos plásmanse na creación das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que son a chave para a rehabilitación de espazos urbanos degradados a través de programas orientados á súa conservación, recuperación e mellora de calidade de vida dos seus habitantes.