Inicio

Xunta de Galicia

Procedementos de adxudicación

Adxudicación de vivendas en segundas ou posteriores transmisións

O artigo 31 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, establece:

  • Que as persoas interesadas en adquirir estas vivendas deberán estar inscritas no dito rexistro.
  • Que o Instituto Galego da Vivenda e Solo ofertará as vivendas a través da súa páxina web, co fin de que as persoas interesadas en adquirilas manifesten o seu interese no prazo de 15 días desde a data de alta na web.
  • Que entre os/as interesados/as realizarase un sorteo. 

 

A páxina web na que se poden consultar as vivendas ofertadas é http://igvs.xunta.es/permanenteSegundaTransmision.html, así mesmo na dita web atópase o modelo de solicitude para manifestar o interese na adquisición dunha determinada vivenda.

 

Documentos relacionados

Documentos relacionados

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.