Inicio

Xunta de Galicia

Destino e ocupación

(Artigo 65 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e artigo 4 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo)
 
Durante a vixencia do seu réxime xurídico as VPP destinaranse a domicilio habitual e permanente das persoas adxudicatarias, sen que en ningún caso se poidan destinar a segunda residencia nin a ningún outro uso.
 
As VPP ocuparanse nos prazos que regulamentariamente se determinen, agás que medie causa debidamente acreditada e autorizadada pola Administración

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.